top of page
16 web 2.jpg
RAPA_Printer TITULO_edited.png

A comunidade ao redor dos últimos cabalos salvaxes de Europa.

VER O TRAILER

A HISTORIA

2.BESTAS_CHUVIA.jpg

"Cantos hai agora? 300? Moi poucos!"

O Cabalo Galego de Monte é a última raza de cabalo salvaxe de Europa que aínda vive en liberdade. O seu número está a diminuír perigosamente, acosado polos cuatreiros, os lobos, a falta de pastos... e agora polas multinacionais eléctricas.

 

Ao seu carón, a pequena vila de Sabucedo conserva algo único: un vínculo ancestral e íntimo. Veciños e cabalos salvaxes viven nunha situación de espello, o fin dun significa o fin do outro.

 

RAPA é unha película sobre a necesidade de pertenza, o ben común por riba do individual e a nosa relación coa natureza e a vida salvaxe.

OS TEMAS

Os cabalos salvaxes como núcleo da comunidade.

“Os problemas que traen os cabalos únennos, gústenos ou non

Samuel

Cuatreiros

“Comezamos a non ir á montaña. Logo chegaron os cuatreiros e fastidiouse.

Francisco

Multinacionais eléctricas

“Queren instalar muíños de vento de 140 m de alto, cruzar o monte con liñas de alta tensión… E non, é o noso monte e o noso futuro

Paulo

A falta de xente no rural

“A esperanza da xente era que os seus fillos, eu por exemplo, non ficaramos aquí traballando a terra

Sara

 O medo a un final próximo

“Se non hai un número importante de bestas a festividade da rapa non ten sentido. É unha loita co tempo, niso estamos

Roi

bottom of page