“Ao ver a película pódense respirar a liberdade no monte e a terra”
TVG
"Nacemos entre elas, vivimos coma elas e morremos con elas."
Esta película axudará a crear conciencia sobre a diminución da poboación de cabalos salvaxes desta raza e sobre o desafío ao que se enfrontan os veciños para protexelos.
Teñen poucas opcións para facelo: enfrontarse aos cuatreiros é perigoso, a caza de lobos está prohibida, o territorio está poboado de árbores de crecemento rápido que ocupan o espazo dos pastos. Agora está proxectada a instalación de parques de muíños eólicos por parte de multinacionais de enerxía no hábitat dos cabalos. Cabalos e veciñanza teñen moitas cousas en contra. Pero, como di unha pintada no muro do cemiterio, Sabucedo loitará pola súa identidade ('Deixa de rezar, loita').
"Os mozos nin sequera miran ás bestas. Viven na cidade e non lles importa.”